1ª reunión de traballo

 A primeira reunión de traballo ENFO, celebrada en Vigo entre os días 10 e 11 de setembro de 2010 reuniu a representantes dos 4 socios do proxecto e contou coa presenza de 2 representantes da RSAMD invitados a formar parte do evento.

 

Na reunión repasáronse as accións actividades do proxecto e presentouse a Management Guide para os socios, na que se sentan as bases para realizar unha boa xestión dos fondos do proxecto e se explican as obligacións de cada un dos socios á hora de xustificar gastos.

 

A reunión de traballo serviu para que os socios expuxeran as súas ideas e empezáronse a planificar os próximos eventos que serán desenvueltos ata marzo de 2012.

 

Un dos puntos positivos da reunión é o compromiso adquirido por parte da RSAMD de formar parte do proxecto ENFO e participar nas futuras actividades.

 

Unha vez finalizada a reunión de traballo, a Orquestra Sondeseu ofreceu un pequeno concertó no patio da escola da e-Trad como pistoletazo de saída aos futuros concertos das orquestras folk en Europa.

 

A reunión contou coa presenza de Ilio Amisano e Valentina Gore (Artemotiva), Petri Prauda (Sibelius Academy), Anxo Pintos (Sondeseu), Rodrigo Romaní (e-Trad), Ignacio Ojea (Servizo de Educación, Concello de Vigo), Dr. Josh Dickson e Elaine Whyte (RSAMD) e Manuel López-Benito (ENFO Project Manager).

 

 

 
Alcaldía do Concello de Vigo ETRAD - Escola Municipal de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo Sibelius - Akatemia Fundación SonDeSeu Artemotiva Royal Scottish Academy of Music and Drame UE. Education and culture DG. Culture Programme