2º ENCONTRO ENFO EN VIGO 2013
Durante tres días vigo volverá ser a sede dun encontro de orquestras folk europeas. A "Sibelius Academy folk big band", a "Royal Scottish Conservatoire band" , unha selección de membros da orquestra de Piamonte "Artemotiva" e a "Orquestra folk de galicia SONDESEU", van desenvolver unha serie de actividades relacionadas coa música tradicional e folk, que terán lugar na zona vella de Vigo. Os actos comezarán o venres 16 e continuarán até a noite do domingo 18 no Auditorio de Castrelos, no que terá lugar a traca final deste 2º Encontro ENFO, e que consistirá nun concerto das orquestras de Escocia, Finlandia e Galicia, e como broche final poderemos escoitar unha suite creada para tal evento na que participarán os máis de oitenta músicos que conforman estas orquestras.
 
Alcaldía do Concello de Vigo ETRAD - Escola Municipal de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo Sibelius - Akatemia Fundación SonDeSeu Artemotiva Royal Scottish Academy of Music and Drame UE. Education and culture DG. Culture Programme